Novo obradoiro infantil no Nuseo Galego do Entroido
Na sede do Museo Galego do Entroido, o venres 27 de xullo ás 19:00, terá lugar un obradoiro infantil de carácter gratuíto. Trátase dun obradoiro de estarcido, ou decoración mediante o uso de plantillas, dunha camiseta. Todos os motivos terán que ver co Entroido e coas personaxes que nel habitan.
O obxectivo deste obradoiro é poder presentar e dar a coñecer as diferentes figuras do entroido galego e que os nenos e nenas que participen as leven impresas nunha camiseta como recordo de todo o aprendido.
O número de prazas para o obradoiro son limitadas, para anotarse hai que enviar un correo á dirección do museo museogalegoentroido@gmail.com.
Ademais, os participantes deberán levar a súa propia camiseta. Recoméndase que sexa de cor clara e teña o ferro pasado.