A festa popular de Baltar rematou coas probas de alcoholemia 0,0

Delegado da Xunta e Pte. Inorde preparados para turrar da corda
A festa popular de Baltar rematou coas probas de alcoholemia 0,0

Dende as catro da tarde, centos de persoas se foron achegando ao Caneiro, entre elas varios cargos políticos provinciais e locais

Dende as catro da tarde que comezou a primeira partida de xadrez e as partidas de tute, todo foi un vule vule de actividades, xogos e música ata que para rematar se deu boa conta do porco a parrela que durante toda a tarde se foi facendo pouco a pouco, para ser degustado ao principio da noite por máis de 300 comensais a veira do río de Baltar.

Comprobando que o porco ía estar preparado

DESFILE DE POLÍTICOS

Dende primeiras horas da tarde foron chegando as visitas institucionais ao recinto da festa. Os primeiros foron o delegado da Xunta ,Gabriel Alén, e o presidente da Deputación, Luis Menor. Seguidamente chegou tamén a festa o alcalde de Xinzo, Amador Díaz) acompañado en todo momento polo parlamentario Carlos Gómez. Todos estaban esperando a visita anunciada do Conselleiro de Sanidade, pero que a última hora escusou a visita, momento que o alcalde de Baltar Jose A. Aproveitou para facer un percorrido polos distintos lugares da festa, ata que retou aos outros políticos que chegaran, Rosendo Fernández, Presidente do Inorde, e o Director Xeral de Xuventude a tirar da corda, gañando o máis veteranos nestas “lides” o alcalde e anfitrión de Baltar.

Gañadoreas do tiro da corda
Gañadoras do tiro da corda

ACTO DE ENTREGA DE TROFEOS

Antes de cear foi a entrega de trofeos e medallas aos mellores clasificados nos distintos xogos e competicións que se foron desenrolando ao longo da tarde, entre elas a favorita do público, o paso do río nun pao e o tiro da corda.

Rematado este acto, ao que se uniu o alcalde de Sandiás ,Traveso, pasouse a degustar o porco ao espeto.

Prepparándose para a entrega dos premios

Imaxes da festa
Imaxes da festa