Concerto final do alumnado do conservatorio

Alumnado que deu o concerto
Concerto final do alumnado do conservatorio

Na praza da Música esta tarde en Xinzo, aberto ao público

Pasadas as 8 do serán o alumnado do conservatorio de Xinzo deu un concerto ao aire libre na Praza da Música para o público en Xeral co que deron por rematado o curso 22/23.

Primeiro acto público do novo alcalde

A praza quedouse pequena para todos os que quixeron acudir a mesma entre os que se atopaban estaban o novo alcalde Amador Díaz , acompañado por membros do grupo de goberno dos dous partidos que o conforman, Antonio Fernández -Toni, Carlos Gómez e María A. Martínez.

Como fin do acto o conservatorio fíxolle a gradación a uns alumnos que remataron no ano da pandemia e non puideron facela nese momento.

Amador Díaz, na súa primeira intervención pública agradeceu ao presentes a súa presencia e ao profesorado do conservatorio toda a labor que están a facer.

Público asistente ao concerto
Público asistente ao concerto