Os “Reis Magos” sairán da Casa da Cultura o domingo ás 5 da tarde
20:08 03/01/20
20:08 03/01/20
A Cabalgata chegará ás 18:00 ao pavillón de deportes
Na cabalgata porá a música a Agrupación Musical da Limia e a orden estará a cargo da agrupación de Protección Civil e a Policía Local
PERCORRIDO DA CABALGATA
Saíndo da praza Carlos Casares fará a primeira parada na Praza Maior. Despois pola rúa Dous de Maio para facer paradas na “Residencia de Anciáns” e no Centro Social para chegar ao pavillón de deportes, onde serán recibidos por todos os nenos e nenas, os cales terán oportunidade de saudalos persoalmente no escenario que se instalara na pista do propio pavillón.