O subdelegado do Goberno visita o operativo de extinción de incendios en Lobios
00:59 12/10/17
00:59 12/10/17
A UME ten despregados 117 efectivos, 26 vehículos e un helicóptero.
O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o Tenente Coronel Xefe do V Batallón da Unidade de Emerxencias (UME), Álvaro Díaz Fernández e a alcaldesa do Concello de Lobios, Mª Carmen Yáñez, visitaron aos membros do operativo de extinción do incendio que desde o pasado domingo permanece activo na parroquia de Río Caldo e que afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Neste dispositivo participan membros do servizo de emerxencia do concello de Lobios, da Xunta de Galicia e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.
A UME ten despregados 117 efectivos, 26 vehículos e un helicóptero.