Comezan as obras nas beiras da Avenida de Ourense
As obras realizaranse en dúas fases.
Onte comezaron as obras nas beirarrúas da Avenida de Ourense, en Xinzo de Limia. Según informou o rexedor, Antonio Pérez, as accións de acondicionamento do vial levaranse a cabo en dúas fases. A primeira delas, a que recén remata de dar comezo, comprenderá dende a rotonda que conecta coa Avenida de Celanova até o establecemento até pasado o macrobazar chinés que se atopa na Avenida de Ourense.
Para a segunda fase das obras solicitarase apoio económico ao Ministerio de Fomento.
O custo desta primeira fase de adecuación sitúase nos 150 mil euros, desenvolsados de maneira exclusiva polo Concello de Xinzo de Limia, tras non ter obtido axuda económica de ningunha outra administración.
(continúa lendo trala foto)
Así e todo, o alcalde da capital da Limia, afirma que de cara á segunda fase do proxecto, que comprenderá dende o remate da primeira até a rotonda na que coller o desvío cara a autovía, solicitará apoio económico ao Ministerio de Fomento, a través da partida orzamentaria que anualmente se reserva para este tipo de actuacións en cada comunidade autónoma.