A Casa da Lagoa e a biblioteca de Sandiás abren a diario durante o verán
19:21 12/07/16
19:21 12/07/16
O Concello de Sandiás pon en marcha un conxunto de actividades culturais para a tempada estival. Así a Casa da Lagoa situada na praza Irene Durán abre as súas portas.
O museo relacionado coa Lagoa de Antela estará dispoñible para visitar martes, mércores, xoves e venres de 16h a 21h. Os sábados e os domingos de 10h a 14h e de 17h a 21h.
Os que a visiten poderán gozar de paneis informativos e pezas audiovisuais sobre cultivos e aves da zona.
A biblioteca municipal pola súa banda ten un horario de 10h a 14h de luns a venres e abrirá a maiores os sábados de 9h a 14h.