O Conservatorio de Xinzo conta cun profesor máis dando cobertura así a todos os prematriculados
16:18 27/10/16
16:18 27/10/16
Este ano o Conservatorio Profesional Municipal de Xinzo de Limia aumenta o seu equipo de traballo. Un novo mestre sumouse á plantilla subvencionado ó 100% pola Deputación de Ourense, segundo confirman fontes municipais.
Esta incorporación permite que se poida dar cobertura a todas as solicitudes de prematrícula que se recibiron para este curso.
Un total de 126 estudantes solicitaron matricularse no curso musical 2016/2017. Dende o Concello sinalan que aínda permanece aberto o prazo para anotarse a Iniciación e Movemento Musical.
Por outra banda, xa pechou as portas a Escola de Música que abriu a Deputación no curso anterior como unha solución provisional tras quedar un sector do alumando sen praza.