San Bieito da Uceira paseou ao seu San Bieito

IMG_9382
San Bieito da Uceira paseou ao seu San Bieito

Mostrámosche as imaxes da misa solemne celebrada ao aire libre na honra de San Bieito na localidade da Uceira –en Sandiás–.

Como xa anunciou este xornal dixital, esta última fin de semana, celebráronse as festas na honra de San Bieito na parroquia de Parada do Outeiro –en Vilar de Santos–. Mais tamén se celebraron en San Bieito da Uceira –Sandiás–. Foron moitos os Bieitos conmemorados en forma de festexos na nosa comarca e, o de Sandiás, non é preto pero non por iso menos milagreiro.

IMG_9415

A romaría do San Bieito da Uceira realízase todos os luns de Pascua e os segundos domingos de xullo na ermida do mesmo nome, situada no monte da Uceira, preto da capital do concello limián de Sandiás.

IMG_9373

O dendealimia.com estivo presente na celebración eucarística deste luns, que se celebrou no exterior do templo aproveitando a afluencia de feligreses e o bo tempo. O da Uceira tamén é un santo moi milagreiro. A tradición conta que había unhas muletas na ermida pertencentes a un home que veu con elas ofrecidas ó santo e ó volver xa non as necesitou máis.

IMG_9365

A tradición esixe que se pase un pano polas zonas do santo onde se padeza o mal, e logo polas zonas equivalentes da persoa.

IMG_9368