Nova escritora da Limia con tan solo 16 anos
Sabela Álvarez Veloso acaba de publicar o seu primeiro libro, antes de rematar 4º da ESO
Sabela, creemos que acaba de converterse na primeira limiá que con tan solo 16 anos acaba de publicar a súa primeira novela “EL BOSQUE ROJO” na editorial Letrame.
As súas gañas de escribir floreceron fai dous anos cando se puxo a escribir o que ía ser unha aventura de amigos que se perdían nun bosque e acabou sendo un lío de mafias.

Comezou como un divertimento e despois de publicar, o libro por capítulos nunha plataforma de internet para escritores noveles. Nesa altura, súa nai, polo Nadal regaloulle un exemplar da novela en papel e ese entusiasmo de ver o seu primeiro libro en papel fíxolle buscar e rebuscar ata que topou a editorial Letrame, coa que chegou a un acordo para a súa publicación.
UNHA MOZA ALÍASE CUN NOVO VECIÑO PARA DESCUBRIR UNHA SECTA QUE A PERSEGUE
A historia comeza cunha moza que vive nun pobo un pouco apartado ao que chegan uns veciños. Ela alíase cun deses novos veciños para descubrir a “mafia” que a persegue.
O misterio sempre foi un xénero que lle gusto dende sempre. Ela descubre algo sobre a trama, pero a escritora deixa para unha segunda novela, do que xa ten a sinopses preparada para rematala posiblemente no curso que ben. Esta primeira novela costoulle pouco máis dun ano co descanso de media pandemia.
O pobo no que está inspirada a novela non está nin na Limia nin en Galicia, se non que é un pobo imaxinario, pero que ten moito parecido cun pobo italiano.
A ESPERAS DA PRESENTACIÓN EN XINZO

Sabela está pendente de falar cos novos responsábeis municipais, para facer unha presentación en Xinzo para toda a Limia. Dende aquí animamos a Sabela e desexámoslle que esta primeira novela sexa o seu primeiro éxito e que pronto chegue esa segunda parte na que xa se supón que descubramos a trama.
Por último, Sabela dinos que “El bosque Rojo” está dirixido principalmente aos lectores de idades similares a da dela.