“Cazado” a case 200 Km/h na recta de Sandiás

Closeup image of Speedometer with needle displaying 190 kmh
“Cazado” a case 200 Km/h na recta de Sandiás

Un turismo Kia circulaba ás 09:38 a 188 Km/h cando está limitada a 70.

Esta mesma mañá un veciño de Laza de 19 anos de idade que conducía un Kia en dirección Benavente-Santiago foi detido por un control da Garda Civil cando conducía a unha velocidade de 188 Km/h, cando a vía nese lugar está limitada a 70 Km/h.

Xa foi citado para un xuizo rápido para o 14 de marzo ás 10 da mañá no xulgado de Xinzo de Limia.