Simulacro de incendio no CEIP Carlos Casares

Momento da saída a rúa
Simulacro de incendio no CEIP Carlos Casares

Pasados 5 minutos das 11 da mañá as sirenas do colexio comezaron a soar e iniciaron a evacuación dos máis de 400 alumnos co que conta o centro.

Esta vez era de mentira.

Un “lume” na cociña era o detonante para que as alarmas do centro escolar de Xinzo puxera en marcha o plan de evacuación do mesmo, desta vez de prácticas, sobre o aprendido durante a implantación do plan.

sIMULACRO 4

Os nervios entro o equipo directivo, aínda que se sabía que solo era unha práctica, estaban a flor de pel. O director, encargado de poñerse en contacto co 112 para avisar do “sinistro” tivo que case usar unha “chuleta”.

A partir dese momento, policía local, que foi a primeira en chegar ao lugar, cando xa todo o alumnado e persoal estaba evacuado ao punto de encontro, fíxose cargo da situación, para xa con máis calma evacuar, esta vez a rúa todos os cativos.

sIMULACRO 3

Mentres protección civil de Xinzo inspeccionaba a cociña, logrando apagar o “incendio” sen ter que avisar nin aos bombeiros, que por certo, non participaron no simulacro por estar de folga, e ao 061, porque non facía falla.

simulacro 5

Unha vez todo confirmado de que non había ningún problema, esta vez con moita mais calma o alumnado voltou as clases, a seu pesar, para continuar a xornada.

O equipo directivo xunto coa técnica do simulacro analizaran as incidencias que houbera, para corrixilas no próximo.

sIMULACRO 2
sIMULACRO 1