Un ano máis á "segunda volta" venceron os cristiáns na Sainza
23:39 22/09/19
23:39 22/09/19
Tamén un ano máis a misa de campaña foi oficiada polo párroco Antonio Fernández, que non deixou a ninguén indiferente coa súa curta pero intensa homilía
Moita xente, bo día, con refachos de sol, de momentos de frío e con ameazas de chuvia discorreu a mañá no campo de batalla da xa lexendaria festa da Sainza.
Unha vez rematada a batalla coa vitoria das tropas cristiás coa axuda da Virxe da Mercé os fogos e petardos encheron de fume todo o campo. Aínda sendo de día os fogos nalgún momento iluminaron de cores o ceo da Seina cos cores da bandeira LGTBI.