A Cruz Vermella de Xinzo pon en marcha unha campaña de prevención de accidentes de tráfico
O 31 de agosto, coincidindo coa operación retorno, a Cruz Vermella de Xinzo de Limia levou a cabo unha campaña de prevención de accidentes de circulación que leva por nome \“Na estrada quérete moito\”. Voluntarias desta organización desprazáronse ata a gasolineira Antela para informar aos condutores como evitar posibles riscos ao volante e como actuar en caso de accidente. Segundo os datos da DXT, en 2014 morreron máis de 300 persoas en accidentes de tráfico e máis de 11.000 resultaron feridas. A Cruz Vermella informa de que 8 de cada 10 accidentes de tráfico poderían terse evitado se os condutores seguiran as normas de tráfico e modificaran o seu comportamento ao volante. Descansar cada dúas horas ou cada 200 km percorridos, manter a distancia de seguridade ou prestar atención aos peóns son algúns dos consellos que se deben seguir para evitar posibles accidentes. Ao volante, \“previr é vivir\”.