“O rural contra a violencia de xénero”

O conselleiro do Medio Rural, José González, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentarán o proxecto O rural contra a violencia de xénero, que inclúe un amplo programa de acción e actividades organizadas polos 24 Grupos de De
“O rural contra a violencia de xénero”
Participarán no proxecto máis de 300 concellos que forman parte dos GDR de Galicia

Coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, nel tamén participa a Axencia de Turismo de Galicia no marco do acordo da Xunta para implementar as medidas propostas polo Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

O conselleiro do Medio Rural, José González, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron esta mañá o proxecto “O rural contra a violencia de xénero”, que inclúe un amplo programa de actividades organizadas polos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) de toda Galicia. Acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o conselleiro enxalzou o labor destes grupos para erradicar do rural esta lacra, con accións como as que hoxe se presentan para levar a cabo deica o 25 de novembro, data na que se conmemora o Día mundial da eliminación da violencia contra a muller.

10,00 h.-           O conselleiro do Medio Rural, José González, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentarán o proxecto O rural contra a violencia de xénero, que inclúe un amplo programa de acción e actividades organizadas polos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de toda Galicia.foto xoán crespo08/11/2021Deste xeito, a andaina popular quere implicar a miles de persoas do rural para que, o mesmo día e á mesma hora, camiñen desde 24 puntos distintos do noso territorio para reclamar o fin da violencia machista e defender a igualdade. A través deste acto reivindicativo e simbólico, a Xunta tamén quere poñer en valor os diferentes roteiros de peregrinación do Camiño de Santiago, co gallo do Xacobeo 21-22.
Outras actividades
A andaina popular é o acto central do proxecto “O rural contra a violencia de xénero”, que inclúe un amplo programa de actividades nos máis de 300 municipios que forman parte dos grupos de desenvolvemento rural e que arranca hoxe con visitas de contacontos a distintos colexios.
Exposicións, concursos de debuxo e fotografía, concertos, proxección de documentais con testemuños de vítimas de violencia machista, actividades e charlas en colexios, teatro ou puntos de atención itinerantes para vítimas de violencia machista son algunhas das accións deseñadas polos GDR que se poñerán en marcha durante as próximas dúas semanas.