A policía de Xinzo comeza unha campaña de inspeción de fincas con exceso de maleza

A policía de Xinzo comeza unha campaña de inspeción de fincas con exceso de maleza

Os membros do corpos da Policía Local comezan unha campaña de inspeción de fincas con exceso de maleza tanto na zona urbana como no rural. O obxectivo é prever os incendios nesta tempada cando falta pouco para que de comezo o verán. Aquelas zonas que non estean en bo estado serán motivo de denuncia cunha posterior orde de limpeza.

Por outra banda e con motivo da entrada en vigor da nova ordenanza municipal reguladora de instalación de terrazas de uso público, pasarán revisión polos locais da vila para verificar o cumprimento . De non estar ó día os bares e cafeterías poderán ser multados con ata 1500 euros, retirándoselle o mobiliario e prohibíndoselle a solicitude de licenzas nos vindeiros anos.