Volve "A Sega" da Asociación A Pantalla esta fin de semana

A sega do centeo para os fachucos do Entroido en 2019
Volve "A Sega" da Asociación A Pantalla esta fin de semana
Será este sábado 13 de agosto a partir das 19:00 horas no Camiño da Roda

Tras a pandemia volve a sega organizada pola Asociación A Pantalla que rematará nunha malla e finalmente na realización dos fachóns.

A sega do centeo para os fachucos do Entroido de 2019
A sega do centeo para os fachucos do Entroido de 2019

Terá lugar este sábado 13 de agosto a partir das 19:00 horas no Camiño da Roda (detras da actual ferreteria Gregorio). Ademais, está organizada unha merenda-cea que se fará na Praza dos Ovos (ou Xoán XXIII).

Desde a asociación mostran moitas ganas desta volta da sega e recordan ir con Chapeu, navalla, fouciño e ganas de troula e traballo!