Un Entroido baseado máis no día e menos na noite
Fai unha hora pechouse unha reunión, que os medios cualificaron de histórica, na que participaron as comisións organizadoras dos entroidos de Verín, Laza, Viana, Vilariño e Xinzo, no concello de Xinzo.
NON CONCERTOS E NON DESFILES
Dous foron os principais acordos aos que chegaron, na reunión na que presidiu a alcaldesa de Xinzo Elvira Lama, a cal, tamén foi a encargada de anunciar aos medios os acordos a que chegaron as distintas comisións dos Entroidos de Verín, Laza, Vilariño, Viana e Xinzo. O primeiro deles foi a eliminación dos desfiles, naqueles sitios onde se celebren. Tamén non se farán contratacións de orquestras, que soen traer aglomeración de moita xente, como no caso de Verín.
SI CHARANGAS
Por outra banda, si se seguirán contratando charangas para a animación do entroido de rúa, pero nunhas horarios que serán de día. A partir das 11 da noite non haberá charangas polas rúas. Isto non significa que non poida haber música de grupos e “maquinillos” no caso de Xinzo.
NA HOSTALARÍA SEGUIRANSE OS PROTOCOLOS DA XUNTA
En canto aos aforos, horarios etc. referentes a hostalaría, serán os que marquen os distintos protocolos que vaia sacando a Xunta, comezando polo que se coñecerá esta mesma noite.