As primeiras 140 alegacións presentadas en Baltar contra os parques eólicos Tramontana e Mistral

Enrique Cuquejo presentando as alegacións esta mañá en Baltar
As primeiras 140 alegacións presentadas en Baltar contra os parques eólicos Tramontana e Mistral

Foron presentadas esta mañá por Enrique Cuquejo no rexistro do concello de Baltar

O representante do club de parapente Papaventos do Larouco e veciño de Baltar Enrique Cuquejo, foi o encargado de facer a presentación das primeiras 140 alegacións en contra da instalación dos parques eólicos de Mistral e Tramontana.

Enrique Cuquejo cos máis 100 alegacións presentadas

Dentro destas primeiras alegacións, non solo hai dos veciños de Baltar, se non de outros pobos e veciños da Limia.

O prazo para presentación de alegacións remata o 15 deste mes de decembro.

A pregunta de que si xa saben a postura do Concello, Enrique manifesta que nin o Alcalde nin ningún representante do concello de Baltar se puxeron en contacto con eles, polo que de momento non saben a postura, aínda que entenden que o concello tería que estar cos veciños tanto de Baltar, como dos outros pobos.

AÍNDA TEÑEN MÁIS DE 100 SIN ENVIAR

A presentación de alegacións seguirá esta semana con outras que xa teñen e que enviarán a través do concello de Cualedro.