Éxito de participación, organización e público no VIII Torneo "Toñito Maestro"
O torneo consolídase como un referente a nivel galego nestas dúas categorías
Un día de verán recibiu dende primeiras horas da mañá aos 24 equipos que tomaron parte na VIII edición do torneo Toñito Maestro que este ano colleu en cada categoría un equipo portugués.

A clasificación na categoría de ALEVÍNS encabezouna o R.C. Celta seguido do Pabellón o Vitoria de Guimaraes e 4º a U.D. Ourense .
Na categoría de Benxamíns o 4º clasificado foi o E.D.C. Xinzo, o 3º o R.C. Celta, o 2º o Pabellón A de Ourense e proclamouse campión desta categoría o Sporting de Braga, tendo nas súas filas o que foi declarado mellor xogador do torneo.

Unha vez rematados os máis de 30 partidos fíxose a entrega de trofeos aos catro primeiros clasificados de cada categoría de mans de concelleiros e concelleiras de Xinzo.
REPERCUSIÓN NA VILA

Máis de 2.000 persoas, segundo os organizadores asistiron durante toda a mañá e tarde aos partidos. Os restaurantes, incluíndo os bares dos viños, tiñan cheo para comer e foron moitos os que, non tendo sitio nos locais de hostalaría da vila recibiron a comida no propio campo.

O equipo organizador encabezado polos técnicos do concello e no que participaron adestradores dos equipos base e simpatizantes leva traballando na organización do torneo máis de 15 días, intensamente e practicamente todo o día de onte, coa noite incluida. Todos manifestaron estar moi cansados pero a vez moi contentos polo desenrolo do torneo e xa preparados para a novena edición.



