A inoperancia dos últimos 16 anos fixo que teñamos agora este pobo, estartelado , vello, escuro e roto

IMG_20190516_214154
A inoperancia dos últimos 16 anos fixo que teñamos agora este pobo, estartelado , vello, escuro e roto

Isto parece “aquí no hay quien viva”

O partido dos Socialistas celebrou o seu acto central de campaña no auditorio que os Socialistas, cando cheguen ao goberno pretenden xubilar para facer un novo que sirva para albergar os concertos e actuacións dos grupos de música de Xinzo aos que se lle fai pequeño.

Laura Seara, ex directora xeral de Xuventude foi a encargada de abrir o acto para presentar en primeiro lugar a unha muller loitadora dentro da escea nacional e por suposto IMG_20190516_204553galega Berta Ojea, que representa dixo ás mulleres socialistas e loitadoras deste país .
Tamén estaba loxicamente para facer a presentación da súa “irmá” como definiu a Elvira Lama, tamén muller loitadora donde as haxa e a futura alcaldesa e primeira alcaldesa na historia de Xinzo.
Tomou logo a palabra Elvira Lama candidata polo partido dos Socialistas para comezar diciendo que: Este concello de Xinzo do PP ten os días e as horas contadas, porque así no lo fan sentir en cada recuncho en cada barrio, en cada portal a cidadanía.
Quixo en primeiro lugar facer un recoñecemento especial a Laura Seara por estar a disposición as 24 horas do día os 365 dias do ano.
Pasou logo a debullar o feito polos catro compoñentes do seu partido na oposición seguindo coas propostas de futuro para este concello con eles gobernando e rematar coa presentación de todos os membros da lista coa que pretende gobernar este concello de Xinzo durante os catro próximos anos.
Os catro concelleiros que temos nesta corporación levamos facendo unha labor moi importante aínda que a maioría das veces non se saiba, posto que os medios de comunicación so nos sacan un pouquiño do noso traballo, un traballo a meirande parte non de crítica nin de escarnio ante un grupo de goberno totalmente descabezado e ausente dos problemas cotiáns. Non ten a Xinzo na cabeza, solo os seus problemas persoais.

Os compañeiros son un luxo de homes e mulleres que esta vez si nos presentamos para gobernar o concello de Xinzo. Todos os veciños que nos atopamos dinnos, esta vez lo teneis que conseguir, esta vez vai a ser posible que desaloxemos ao PP desta institución, precisamente a que ten feito moitísimo dano a este concello. Levamos 3 alcaldes nos últimos catro anos, e cada un peor que o anterior.

E importante facer deste concello un concello de todos e de todas, con transparencia e honestidade, con participación veciñal.

A inoperancia dos últimos 16 anos fixo que teñamos agora este pobo, estartelado , vello, escuro e roto, sen oportunidade para os mozos e mozas, é este o concello que queremos deixarlle aos nosos fillos e netos?.

Nos temos as propostas nun programa elaborado entre todos coa colaboración inestimable de Laura, con todo o que pretendemos facer nestes catro anos, coa axuda das institución como a Deputación, loxicamente a Xunta e como non o goberno central.

IMG_20190516_205745

Público asistente a presentación da lista que encheu o Auditorio

Isto parece “aquí no hay quien viva”

Ante todas as eivas que ten este concello xurden tal cantidade de listas como setas, como si isto fora “aquí no hay quien viva”. Gobernar un concello e bastante mais responsable, iso si facelo como o fixeron estes si é así de fácil.

Esta é a hora do partido socialista, non merecemos ao goberno que temos,pero tampouco merecemos inventos de última hora.