"Estamos moi satisfeitos pola afluencia de socios" (Marcos Argibay)

Asemblea Civitas 13.05.22
"Estamos moi satisfeitos pola afluencia de socios" (Marcos Argibay)

Creemos que vai aumentar a participación, tanto en grupos como en número.

Esta tarde celebrouse a primeira asemblea de Civitas Limicorum presidida pola nova directiva encabezada por Marcos Argibay.

Había ao fin da reunión moita satisfacción no grupo directivo da asociación, posto que todas as propostas foron ben acollidas pola maioría dos presentes, moitos, contando que aínda se está no mes de maio.

O presidente tomou a palabra para agradecer a presenza de tantos socios e prometeu na súa primeira intervención ter menos reunións presenciais este ano. Para iso precisamos elaborar canto antes un novo listado de socios e participantes na festa.

MAIS AMBIENTACIÓN E ACTUACIÓNS POLA VILA

Unha das intencións propostas aos socios foi a de que haxa máis ambientación polas rúas da vila, así como concertos que sairán do propio recinto, co cal esperan recadar máis diñeiro dos establecementos hostaleiros.

Durante a vindeira semana faranse públicas as bases e a convocatoria para o Macellum 2022.

Tamén se fixo unha convocatoria de actores para os teatros dos esquecementos, animando aos socios e socias a que participen activamente nas teatralizacións que se van levar a cabo.

Queremos ter pechado o plantel do teatro antes de que pase un mes.

OBRADOIRO DE COIRO

nova xunta directiva de Civitas
nova xunta directiva de Civitas

Unha das principais novidades para esta edición será a posta en marcha de forma inmediata dun obradoiro de coiro, gratuito para os socios, no que solo terán que levar a materia prima, para facer os traxes.

SUBVENCIÓNS DO CONCELLO E A DEPUTACIÓN

Xa neste momento o presidente anunciou que o concello de Xinzo ten nos presupostos asinada unha subvención nominativa de 5.000 € e a Deputación 13.000 €. Están pendentes de conseguir algunha subvención máis da Xunta de Galicia. Neste caso agradeceu a xunta directiva a colaboración de Carlos Gómez, que está tratando de conseguila.

No apartado de aportacións dos socios, a cota para este ano será igual que nos anos anteriores de 20 €. Insistiron que para participar da festa do Esquecemento hai que ser socio de Civitas.

Os menores de 14 anos que queiran participar da festa estarán exentos de cota.