Iván Olmos e Aída González xa están en Guatemala
00:50 17/07/17
00:50 17/07/17
Serán os únicos galegos no campionato do Mundo de Debate Universitario
A partires desta semana comezan as probas clasificatorias por equipos no campionato Mundial de debate Universitario no que Galicia está representado polo equipo formado por Iván Olmos(Director de dendealimia.com), de Xinzo e Aída González, que van representando a Escola de Finanzas de A Coruña.
Esta parella recordarán que foi subcampiona no campionato nacional celebrado no inverno na cidade de Córdoba.
Dende o \“dendealimia\” e por suposto dende a Limia e a provincia de Ourense, mandámoslle as nosas enerxías para que estes dous galegos volvan coa medalla de ouro.