Esmeralda pide o apoio da Limia para pasar a seguinte fase no concurso de canto do Luar
15:39 11/12/15
15:39 11/12/15
Actúa na noite do venres a partir das 00.30h
Esta noite a cantante de Rairiz de Veiga busca pasar a seguinte fase no concurso de canto do coñecido programa da galega. Actuará a partir das 00.30h representando a zona de Ourense Sur no Luar.
Esmeralda confía no apoio da súa xente e de todos aqueles que se animen a votar pola súa actuación.
Se desexan darlle o seu apoio deberán chamar ó 988 60 06 82 unha vez que a artista da Limia remate a súa canción. As bases do concurso permiten facer cinco chamadas por cada liña de teléfono. No caso de que Esmeralda gañase esta noite pasaría á terceira fase do concurso estando cada vez máis preto de gañar e cumprir o seu soño de gravar un disco.