Dis que din que Carlos Gómez non comezou con “bo pe” a súa campaña de reelección como parlamentario
14:11 06/12/19
14:11 06/12/19
Onte é hoxe publícanse dúas noticias preocupantes para todos os veciños. A primeira e a cantidade que nos presupostos galegos aparece como inversión para os regadíos na Limia. No seu día Carlos Gómez anunciou máis de catro millóns e os pataqueiros din que 0,5 m.
Tamén o mesmo día anunciou a “falla duns flecos” a achega da Xunta de 380.000 € para a rehabilitación do casco vello -PLAN HURBE- de Xinzo. Onte os técnicos e a propia alcaldesa manifestaron o carón doutra noticia publicada hoxe, que nin había convenio, nin proxecto. O que máis se lle parecía era unha memoria, que nunca chegou como tal memoria ao departamento correspondente da Xunta.