AS MULLERES DE XINZO SAÍRON DE CEA
00:08 31/01/16
00:08 31/01/16
Como xa ven sendo habitual dende fai anos, o sábado chamado de \“Corredoiro\” , véspera do domingo que si é o día do \“Corredoiro\”, é o escollido polas mulleres, e aqueles que por un día se visten de \“tales\”, para saír e adueñarse de todas as mesas dos restaurantes da vila.Un ano máis a festa comezou coa degustación de suculentas viandas, nas que non faltaron os recorridos lagostinos, para despois rematar a festa na Praza Maior e nas rúas dos viños , o son das charangas.
Todo o mundo está desexoso de que comece dunha vez por todas este entroido 2016, como se pode apreciar na cantidade de disfraces que xa na noite do sábado saíron as rúas, aínda que non fose para cear.