Xinzo recoñece de novo a tres Policías Xudiciais
23:50 06/12/17
23:50 06/12/17
As medallas foron entregadas o luns antes da sesión plenaria.
O Concello de Xinzo de Limia recoñeceu a labor de tres policías xudiciais, aos cales lles abriu expediente de honra e lles entregou unha medalla conmemorativa este pasado luns, no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia.
O alcalde, Antonio Pérez, destacou a súa labor e o seu compromiso coa xustiza.