Resumo da xornada de liga dos equipos limiaos
RICKI
O Antela medíase o domingo na Moreira cun Celanova que viña cun solo punto no que vai de liga. Aínda o público non se sentara nas súas butacas e xa se adiantaba o equipo visitante no marcador,de aí en diante seria un costante dominio do equipo local con claras ocasións de gol a cargo da súa xente de arriba pero non acababan de materializar. Un dominio absoluto que non se vía reflexado no marcador, e no fútbol cando perdoas acabas pagando. De seguido contra moi ben levada a cabo polo equipo celanovense, e segundo gol de aí ata o final, ocasións locales que non acabarían en gol. Só facer referencia o equipo local que non xoga a nada,vense perdidos polo campo e só se ven arreos da técnica individual da súa xente,pa semana reciben ao Monterrei de Vila e os xogadores limiaos.
O sábado cun horario raro en 1ºregional viaxou o Boado a Ponte Ourense. Bo partido do equipo de Julio, que está pagando a novatada da categoría, porque fai partidos moi bos pero en despistes puntuais, perden. Coma desta volta Camilo(Vila)con dous goles en propia porta, o que da conta da mala sorte deste equipo, que tería nas botas de Pablo Currás un golazo á altura dos mellores xogadores dende fora da área.Esperemos que de aquí en diante, teñan máis sorte e non cometan pequenos fallos que se pagan nesta categoría.
Xa baixamos ao único representante da 2º rexional que se move polo medio da táboa e a quen lle tocaba unha dura saída a Muntián. O equipo dirixido por Kiko(Antelco) dispuxo de ocasións claras, pero igual co equipo antelano o que perdoa pois paga o plato. Chegaba o Piñeira con algunha baixa da que se soubo sobrepor, pero que por medio de Saviola fallou moitas ocasións pero desta vez non tiña a sorte de cara. Empate final a uns, inxusto pero é un punto fóra da casa.
Comenzamos xa ca categoría máis amplia da Limia, a Terceira Rexional. No campo do Porqueira disputábase un derbi entre o equipo local e o filial Antelano, que contaba con algunha baixa e que non acaba de acostumbrarse a esta categoría tan fácil dende fora, é difícil dende dentro. O Porqueira saía ao campo con todo o seu arsenal, e o gran goleador Nico puña o 1-0 que sería definitivo. Un partido de moita loita que o equipo local acabou pedindo ao tempo.O Villar de Barrio perdía 1-0 contra un Lobios sempre correoso.
Categorías Inferiores do Antela:
-Soutopenedo 1-4 juveniles
Gran partido do equipo de Toño que se suspende no minuto 40 por un zarandeo ao árbitro.
-Cadetes 6-2 Santa Teresita
Sen palabras, dominio do equipo do tándem Pepe-Juan de cabo a rabo.
-Infantil 2-1 Pabellón Orense
Partido difícil do equipo de Sergio que soupo aguantar a diferencia no marcador e defender ben.
-Pabellón Promesas 0-4 Alevín A
Partido dominado por o equipo visitante que dispuxo de ocasións de todos os colores, e que se coloca líder virtual por goles.
-Barbadás C 0-1 Alevín B
Partido duro que se decide cunha xogada ensaiada do equipo visitante, e que se coloca líder virtual tamén.
-Pabellón Orense 4-2 Benjamín A
-Benjamín B 2-6 Ponte Orense
-Prebenjamín 8-1 Arrabaldo
Aquí infomación da xornada Limiana que pa semana seguiremos contando e xa empezaremos a subir fotos dos equipos todos da Limia.