No sábado de Entroido en Xinzo...nada é o que parece
Cheo total, unha vez máis en Xinzo, e falta a tarde
Este sábado de Entroido era o día esperado de todos os limiás, para sacar a rúa as súas primeiras, nalgúns casos as segundas parodias deste entroido 23 que en todo, e sobre todo no metereolóxico está a resultar un éxito.

Como dixemos no titular, nada é o que parece..esta mañá puidémonos atopar con dúas Elvira Lama, volveuse a ver pola rúa a “Montse Lama”, acercándose a nova tortilla xigante, esta vez de AL-MILAGRO, non sabemos si para comezar a nova campaña, ou para despedirse definitivamente da vida política de Xinzo. Tamén puidemos ver outra vez máis a Dama da Lagoa facendo a rotonda da xeral ou ben a todos os políticos municipais cortando “outra vez” a tortilla xigante na praza, outra vez feita con Patatas AMA. Tamén puidemos ver a preparación dos músicos conxuntamente das orquestras Panorama e Paris de Noia na súa nova denominación PARANOIA e aos artistas que participarán na edición 24 do “son do Camiño”, que como atracción principal estará Shakira.

Para ver os reportaxes fotográficos pode facelo en: