O alcalde de Baltar foi recibido polo presidente da Deputación

José A. Feijóo e Luis Menor
O alcalde de Baltar foi recibido polo presidente da Deputación

José A. Feijóo solicitou axuda para infraestructuras e actividades culturais.

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, no marco da rolda de contactos que está a manter o presidente provincial cos alcaldes de toda provincia, nunha intensa axenda de entrevistas.

Reunión co alcalde de Baltar_2
José A. e Luis Menor

Luis Menor detallou ao rexedor de Baltar as liñas estratéxicas do novo goberno provincial e que van marcar o actual mandato, escoitando tamén as principais demandas do dirixente municipal. Entre elas, José Antonio Feijóo sinalou proxectos como unha residencia para maiores, temas relacionados con infraestruturas e programas relacionados con actividades culturais.