A casa da pataca únese un ano máis a ALiMAGRO
14:27 02/09/22
14:27 02/09/22
Juana invita á xente "a que se anime e que veña a dar unha volta"
Juana, do stand de A casa da pataca, explica que traen á feira ALiMAGRO os produtos que producen, tanto a pataca como a cebola. Ofrecen sacos de 5 kg tanto de pataca como de cebola nun formato cómodo para levar.
Respecto ás expectativas deste ano Juana invita á xente "a que se anime e que veña a dar unha volta por aquí e así nos coñeza".