Corredoiro frío e con poucos visitantes
22:56 04/02/18
22:56 04/02/18
O frío e as previsións metereolóxicas totalmente adversas feitas durante este fin de semana para a Limia, na que prognosticaban neve aos 400 metros fixeron que neste domingo Corredoiro as pantallas que si saíron as rúas tiveran pouco traballo.
Tamén foron poucos os disfraces de máscaras e grupos os que se atreveron a saír a festexar este domingo.
Esperemos que as previsións para os días grandes de entroido non sexan do mesmo calibre que os de hoxe, no que nin a chuvia nin por suposto a neve fixeron acto de presenza en ningunha zona da Limia como estaba prognosticado.
A última hora da tarde a afluencia de entroideiros na praza Maior era escasa.