Manuel Pérez Manso encabeza a lista dos Socialistas en Sandiás

IMG_20190505_123405_resized_20190515_050411539
Manuel Pérez Manso encabeza a lista dos Socialistas en Sandiás

Apostan por renovar a candidatura, contando, iso si, con doses de experiencia

O PSdeG de Sandiás presenta a súa lista para as municipais do 26 de maio. Manuel Pérez Manso será o candidato á alcaldía, estreándose como cabeza de lista nunhas municipais no concello. Os oscialistas apostan por renovar a candidatura, contando, iso si, con doses de experiencia, como a do propio candidato en 2015, Juan Manuel Quintas Lorenzo, quen desta vez será o número 3.

Os socialistas apostarán por “dárlle un xiro as políticas continuistas dun goberno que derrochaba optimismo na súa chegada, pero que co paso do tempo retornou as vellas políticas típicas da provincia de Ourense e que tan só xeran miseria, perda de poboación e empequenecer”.

O candidato á alcaldía do PSdeG de Sandiás, Manuel Pérez Manso, aposta por un programa que fixe claramente os puntos de traballo vitais. “Temos que dotar Sandiás dunha infraestrutura matriz adecuada tanto para os nosos maiores, coa creación do tan esperado e necesitado, centro de día, como a posta en marcha de actividades para o seu benestar”. Tampouco quere esquecerse da natalidade e o futuro, “miraremos polos nosos pequenos, apostando pola reforma e mellora do centro educativo, que tantas carencias ten nestes intres”.

Os socialistas de Sandiás apostan tamén por “solucionar o grave problema de abastecemento de auga”, xa que como afirman, “causan graves problemas no suministro diario do concello”. Un programa no que tamén falan de regularizar a situación dos montes e zonas comunales improductivas, fixar poboación, así como a creación dun banco propio de vivendas ou dun observatorio da pataca”.

O candidato, Pérez Manso, finaliza cunha mensaxe clara. “O concello merece máis cunha simple dedicación en días puntuais, algo que o PSdeG de Sandiás vaille dar. Traballaremos para darlle novas formas o día a días dos nosos veciños e veciñas”.