Sandiás continúa cos desbroces nos pobos e montes

Sandiás continúa cos desbroces nos pobos e montes

Dende o mes de maio ten actuado un tractor desbrozadora cedido pola consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia realizando desbroces preventivos de cunetas por todo o concello.

Están traballando brigadas de limpeza polas aldeas dos núcleos de poboación do concello. Unha delas en base ás subvencións concedidas por Aprol (fomento do empleo no medio rural). Adicados especialmente a limpeza de beirarúas, cunetas e outros espazos públicos no interior dos aldeas. Tamén está realizando labores de limpeza o Obradoiro de Xardinería posto en marcha en colaboración co Concello de Xinzo de Limia.

Tamén están aprobadas as bases de selección para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais (convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinandiado con fondos FEADER), cun total de dez prazas (8 traballadores/as como peóns/as e dous traballadores/as como xefes/as de Brigada).

Limpeza da contorna das casas, das áreas de biomasa da contorna das aldeas e IV Semana do Medio Ambiente adicada a recollida do lixo.

Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre lembrar e animar a veciñanza a que se leve a cabo nos prazos establecidos pola lei. Cada ano que pasa apréciase sensibilización crecente na limpieza e desbroce pola iniciativa dos particulares. Compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e desbroce das áreas de biomasa da contorna dos núcleos de poboación tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás). Por último destacar a celebración da IV Semana de Medio Ambiente adicada a recollida voluntaria de lixo. Este ano 2023 recolléronse aproximadamente 800 quilos de lixo maior nos montes e menudo polas cunetas e beirarúas das aldeas de A Chousela e A Corga. Tamén contamos coa colaboración entusiasta dos nenos e nenas do PAI de Sandiás.