O Obradoiro "No Camiño 2022" segue a facer traballos de restauración en Sandiás

Reparacións no parque infatil de Piñeira
O Obradoiro "No Camiño 2022" segue a facer traballos de restauración en Sandiás
Reparación de madeiras deterioradas polo paso do tempo en parques infantís, entre outras.

Algunhas obras de reforma de carácter menor que se están levando a cabo son a reparación de madeiras deterioradas e randeiras na área recreativa de Piñeira de Arcos, instalación en Couso dunha nova marquesiña e de dous cubrecontenedores e un en Vilariño das Poldras sempre no tramo afectado polo Camiño de Santiago, limpeza de zonas axardinadas de diferentes núcleos de poboación, continuación do labor de arranxo de bancos, reparación das madeiras deterioradas do teito do tanque de Piñeira de Arcos, reparación das madeiras deterioradas do teito e porta do forno comunal de Vilariño das Poldras, colocación de xardineiras nas vivendas sociais e tanatorios nas aldeas de Sandiás, Couso de Limia e Piñeira de Arcos e terminar de facer os taboleiros para fixar puntos informativos nos diferentes núcleos de poboación do concello. As reformas continúarán noutros núcleos de poboación.

foto 11
A porta do forno foi restaurada

Pola mañá do pasado 5 de Outubro na Casa do Concello de Xinzo de Limia, a alcaldesa Elvira Lama e o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso presentaron o Obradoiro de Emprego “No Camiño 2022” que terá unha duración ampliada de 12 meses e ofrecerá prácticas de traballo, cursos de formación e un salario a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. Tamén se incorpora unha directora e monitores para a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e para a especialidade de Instalacións de elementos de carpintería.

Despois do último Obradoiro de Emprego que revalorizou a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás, os dous concellos volven a unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas.