PRIMEIRO PLENO ORDINARIO DESTA NOVA LEXISLATURA
O xoves día 27 as 12 horas no salón de plenos
O xoves día 27 as 12 horas no salón de plenos
A aprobación inicial da Ordenanza Municipal sobre os criterios de admisión para os alumnos do Conservatorio de Música de Xinzo, pode ser un dos máis importantes a tratar, habida conta dos problemas xurdidos no curso pasado, por falta de profesorado.
Tamén como novidades o grupo de goberno, leva ó pleno una nova Ordenanza Fiscal reguladora da taxa de ocupación de terreos públicos por mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
Tamén a aprobación inicial da ordenanza reguladora da instalación de terrazas de hostalería no espazo público da vila de Xinzo.
A continuación e antes dos rogos e preguntas os grupos da oposición presentan, o Socialista unha e os membros da plataforma Xa, dúas.
Cada unha delas xa están publicadas integramente no dendealimia.com
Finalizará o pleno cos rogos e preguntas, tanto do grupo de goberno, como dos da oposición.