O Petardazo a -4º
Isto non impedirá que o arranque do Entroido 2023 estea cheo de xente con gañas de troula
Tan solo faltan 72 horas para que dende o balcón do concello de Xinzo salga o chupinazo sinal do comezo do Entroido 23.
A praza Carlos Casares estará a rebentar aínda que a temperatura vaia ser de -4º segundo as predicións, pero a sensación térmica para os presentes a ser moito máis positiva.

FESTA A PARTIR DAS 22:00
Unha das novidades deste ano con respecto ao Petardazo será que a partir das 22 horas a festa xa estará animada coa actuación de A Gramola Tour TrucK. Solo parará uns minutos antes da hora cero e continuará 30 minutos despois do Petardazo e ata as 2 da mañá.
Dende o minuto un do Entroido e ata as 00:30 a animación musical estará a cargo como é costume por Xituma Batuke e tamén por Festicultores.