Un ciclista empótrase contra a porta dun coche aparcado
Na rúa Dous de Maio de Xinzo
Cando o condutor dun coche estacionado abriu a porta do seu coche un ciclista que nese momento pasaba a súa altura chocou contra a mesma.
O ciclista tivo que ser trasladado ata o PAC de Xinzo a escasos 150 mt. Para ser recoñecido.
Segundo afirman as persoas que presenciaron o accidente o ciclista queixábase dun brazo, aínda que parecía que non sufría grandes lesións.
Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local para facer o atestado dos feitos.
O CONDUCTOR SUFRIU O MESMO PERCANCE SENDO EL CICLISTA
O condutor, moi afectado polo sucedido, aínda que tranquilo porque segundo puido apreciar, o ciclista parece que non ten feridas graves, comentou que iso mesmo lle aconteceu a el en Vigo, sendo esta vez el o ciclista.
DOTA