Pleno de puro trámite o de onte (xoves) en Xinzo
REDACCIÓN
O primeiro foi gardar un minuto de silencio polos mortos da minería de León.
O que a priori podería pensarse en que fora un pleno crispado, no que ían a subida das ordenanzas fiscales que atinxen ó concello de Xinzo, converteuse unha vez máis nun cara a cara entre o alcalde e os voceiros dos partidos da oposición,en canto ó plan de axuste presentado polo propio Concello, e aprobado para os anos vindeiros por todos, agás o representante independente Sr. Pérez Campos.
Dentro dese plan de axuste incluíase a suba das ordenanzas, polo que o alcalde non entendía que se aprobara aquel plan, e hoxe se votara en contra das subas. Recoñecían todos que as subidas do 0,30% correspondente ao IPC non era abusivo.
Todos non obstante felicitaron ó Concello pola implantación dunha taxa que non existía, para lle poder cobrar ós bancos polos caixeiros das rúas. Neste punto o representante do BNG, dubidaba da súa eficacia, posto que supón que en canto as entidades bancarias o saiban, meterán os caixeiros dentro, co cal a recadación non se poderá levar a cabo.
Mocións relativas ao copago sanitario
Un dos puntos que máis polémica levantou foron as mocións presentadas polos membros da oposición na que se instaba ó goberno local para que se manifestase en contra da normativa de copago para certos medicamentos extrahospitalarios para enfermos crónicos, e que ademais se fixera cargo, como xa se manifestaron outros concellos de Galicia do pago desa cantidade.
A resposta do grupo de goberno foi votar en contra da moción, posto que o Concello xa ten un fondo de emerxencia dentro do departamento de servicios sociais dende o que xa se lle axuda a aquelas familias que non se poden facer cargo do pago, non só dos medicamentos, senón doutras cousas. O resto sería inviable, se non se dicía de que departamento terían que sacar os cartos que se empregarían para ese pago. Ningún da oposición traía unha proposta ó respecto.
Rexeitamento por unanimidade ó proxecto de reforma administrativa
Tódolos grupos por unanimidade aprobaron apoiar as propostas que se levan a cabo dende a FEGAMP de cara a negociación co goberno central para que non se implante a lei, tal e como vai no anteproxecto.
Así mesmo, os concelleiros por unanimidade votaron a favor dunha moción consensuada na que se rexeitaba o terrorismo en xeral e a solidariedade cos cidadáns do concello de Beade en particular.
Rematou o pleno contestando o alcalde as preguntas e rogos dos membros da oposición, respostas que lle valeron ós concelleiros sendo a máis significativa a pregunta sobre a instalación dunha grande superficie de comercio, tendo como resposta do alcalde que no Concello non había ningunha solicitude ó respecto. A Sra. Lama (PSOE) quedou conforme coa resposta do alcalde.