Fernando Dopico, exultante co ascenso da Banda B

Fernando Dopico
Fernando Dopico, exultante co ascenso da Banda B

Felicitación aos compoñentes da banda e aos profesores, e por suposto a Lara Sotelo

Fernando Dopico fala claro, como sempre, neste caso para apuntar que o Certame de Gaitas, tanto nas datas como o lugar de celebración (Manzaneda) non son os máis idóneos.

Nestas datas a maioría das bandas teñen compromisos de actuación noutros festivais e iso fai que a afluencia de grupos sexa baixa, como aconteceu nesta ocasión. E por suposto os sitio aínda que precioso, non é o máis indicado para os instrumentos que en poucas horas pasan de altitudes como a de Xinzo (600 m), ou outras a nivel do mar ata a cota de Manzaneda.

Con respecto ao certame celebrado en Xinzo, simplemente ver o número de bandas que participaron, e cada un pode sacar as súas conclusións.

Agradece enormemente a implicación de todos os compoñentes e familiares, por ter que ensaiar no mes de xullo, así como ao concello pola colaboración prestada, como sempre.

ASCENSO AO GRADO 3

Ao quedar campiona absoluta, Xinzo e Manzaneda, a banda ascenderá ao grado 3 para o ano que ven. Isto levará a facer cambios nos ensaios e o profesorado terá que decidir como se afrontará o curso que ven, pero iso queda para o mes de setembro.

Entrevista: Xoán Losada