Niñodaguia de Baltar estivo de festa

Veciños que acompañaron a Ángeles
Niñodaguia de Baltar estivo de festa

E non era polas festas patronais, se non que a súa veciña Ángeles López Palomanes cumpriu 100 anos

Onte pola tarde Niñodaguia vestiuse de festa para honrar a Ángeles no seu cen aniversario.

A festa ademais dos veciños e familiares asistiu tamén o alcalde José A. Feijoó en representación de todos os veciños do concello de Baltar.

IMG-20230626-WA0001
Alcalde Ángeles e un familiar

Como se pode ver, non faltou de nada para festexar os 100 primeiros anos de Ángeles.

AGASALLOS DOS VECIÑOS E DO CONCELLO

Os veciños foron os primeiros que se xuntaron para facerlle regalos en común entre os que se atopaban prendas de roupa que ela agradeceu, posto que lle gusta moito estar “coqueta”.

O concello tamén lle regalou roupa e algo que ela estaba reclamando dende fai tempo como era unha encimera.

IMG-20230626-WA0004
IMG-20230626-WA0004

Ángeles, co moito sentido de humor que aínda ten agradeceu os agasallos e manifestoulle que o malo era que cando cada un dos presentes cumpra os mesmos anos que agora ela celebra, non poderá facerlles regalos.

Entre as anécdotas que contou durante a festa, recorda cando ía a seitura ata Verín, loxicamente a pe, ida e volta. Tivo solo unha vaca, da que se pode dicir que viviu toda a súa vida, posto que sendo solteira solo se tivo que manter a si mesma.

Tomen nota os da asocicación Ourensividad, porque xa teñen outra candidata para o seu estudo.