Incidentes no día electoral en Xinzo
Pena de cárcere de tres meses a un ano ou multa de seis a vinte e catro meses. Isto é ao que se expoñen as persoas que saísen elixidas nos sorteos que realizan os concellos para conformar as mesas electorais das eleccións xerais se non se presentan ou as abandonan sen xustificación.
Dous foron os incidentes que se deron hoxe no día de eleccións. O primeiro foi por mor de que un membro elixido para ser vocal dunha mesa da biblioteca, non se presentou. Cando a Policía Local foi a buscar ao suplente a súa vivenda, este veciño tiña autorizada a súa renuncia, polo que segundo marca a lei, o primeiro votante que se presentou na mesa, quedou para formar parte dela como vocal.
O segundo incidente produciuse pouco antes de pechar as furnas, cando un apoderado de VOX quixo asistir ao reconto dunha das mesas do Concello e a Presidenta, segundo informes da Xunta Electoral, non tiña dereito.
Un apoderado de Galicia en Común que acudiu a discusión
Tivo que intervir, cando faltaban escasos 5 minutos para o peche a Policía Local e despois de consultar novamente coa xunta electoral, o apoderado si puido entrar ao reconto, tal e como lle permitía a credencial que presentou no móbil.