Moción do PSdG-PSOE para o próximo pleno

Grupo Municipal socialista1
Moción do PSdG-PSOE para o próximo pleno

PIDELLE O ALCALDE QUE FORMALICE O ACTO DE IRMANDAMENTO COA CAMARA DE MONTALEGRE

O PSOE DE XINZO PIDELLE O ALCALDE QUE FORMALICE O ACTO DE IRMANDAMENTO COA CAMARA DE MONTALEGRE

Un acto de vital importancia para ámbolos dous territorios e as súas economías que redundaría en beneficios para tódolos veciños.

A amplitude do territorio e a proximidade dos mesmos fai que as transaccións podan verse incrementadas considerablemente, partillando accións conxuntas.

Xinzo de Limia a 4 de Agosto de 2015; O Grupo Municipal Socialista levará o vindeiro Pleno do dóa 27 de Agosto unha Moción para seu debate e aprobación que pide o irmandamento do Concello de Xinzo coa Cámara Municipal de Montalegre, coa finalidade de acrecentar os lazos de amizade e cooperación a tódolos niveis, que redunden en beneficios para toda a poboación.

\“Un acto de vital importancia pola proximidade pero tamén que axude a paliar en parte o momento de crises económica que afecta a ámbolos dous países, España e Portugal, en especial estas nosas rexións transfronteirizas, que sempre disfrutaron pasado e que deben compartir presente e sentalas bases para un futuro mais prometedor\” di a Portavoz socialista.

O pasado mes de xuño, nunhas declaración pouco afortunadas o Sr. Alcalde publicaba a \“ruptura de relación institucionais coa cámara de Montalegre\”, logo da visita do seu Presidente D. Orlando Álves, durante a campaña electoral das pasadas eleccións municipais, para dar apoio a candidatura socialista o concello de Xinzo.

\“Os apoios de lideres ou representantes das mesmas formación son algo habitual en tódolos partidos políticos, por tanto non debería molestar os candidatos de outras formacións, neste caso o candidato a alcaldía de Xinzo do PP e logo Alcalde electo Sr. Antonio Pérez, ben o contrario a súa resposta mais axeitada tería sido, apresurarse a establecer esas relación que dicía romper, xa que en verdade nunca existiron de forma institucional\”, comentan os socialistas

Os veciños da Cámara de Montalegre, son visitantes e potenciais consumidores comerciais e de servizos da nosa vila e comarca, tanto é así que pode chegar a representar o 25% das transaccións de todo tipo, que se efectúan o longo do ano. Sendo como é una zona xeográfica cércana, da que estamos a tan só 31 km. debemos recoñecer que a súa influencia nos sectores produtivos de Xinzo é importante, mais que outras Cámaras do norte de Portugal coas que si estamos irmandados. A proximidade territorial debe ser o motor que impulse tódalas actividades tanto comerciais, como de ocio, xunto cos eventos que se poden partillar, e complementar dende ámbalas dúas institucións, o que redundaría en beneficios non so económicos, senón tamén en beneficios interculturais, que son de grande importancia e interese.

Os veciños de Xinzo tamén son consumidores de servizos e de productos procedentes dos distintas feigresias da Cámara de Montalegre, e son constantes os desprazamentos de galegos que pasan por Xinzo camiño desa cidade, para asistir a distintos eventos que formaliza a mencionada Cámara ou ben eventos de ocio dos que participan un gran numero de turistas.

Porque os gobernos municipais deben achegar lazos de unión, en lugar de establecer trabas e tensións que podan afectar as relación comerciais a ambos lados da fronteira imaxinaria que nos separen, establecer pontes e relacións de cooperación, irmandade e traballos conxuntos, para o bo funcionamento de ámbalas dúas institucións, os socialistas esperan a unanimidade do acordo.