A Deputación concede 496.000 euros en axudas

Vial do Polígono de Xinzo
A Deputación concede 496.000 euros en axudas

A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe as bases para a concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades escénicas e culturais en 2023, cun orzamento total de 90.000 euros

A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe as bases para a concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades escénicas e culturais en 2023, cun orzamento total de 90.000 euros

Os empresarios do polígono industrial de Xinzo de Limia disporán de 18.000 euros para sinalización e rego; a mesma cantidade irá destinada á Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) para financiar a súa actividade.

Achegas para actividades escénicas e culturais

A Xunta de Goberno tamén aprobou as bases que regularán o concurso de concesión de axudas para o fomento de actividades escénicas e culturais, entendendo por tales as correspondentes a bandas de música e gaitas, agrupacións corais, tunas, orquestras ou grupos de música tradicional, folk, pop, rock, jazz ou clásica, así como grupos de teatro, de danza tradicional galega, ballet clásico ou contemporáneo, solistas ou intérpretes, espectáculos de maxia, humor e

calquera outra actividade análoga. Estas axudas contan cun orzamento total de 90.000 euros, mentres que o importe a subvencionar será do 50 % do custo total de cada actuación. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación destas bases no BOP e ata o 20 de decembro de 2023.