Os veciños de Baltar madrugaron para botarse á rúa
Con choiva, frío e case de noite comezou a concentración
Mais dun cento de veciños de Baltar e dos pobos próximos, incluídos anciáns achegáronse ás portas da sucursal bancaria para levar a cabo a concentración programada de apoio a Manuel \“O mellor banqueiro do mundo\”, dicía algunha das pancartas que se podían ver na fachada do edificio.
Moita xente maior marchouse pola choiva e o frío, comentou Mª José, unha das mozas que colaborou na organización.
Mª José desafogábase co dendealimia.com dicindo que \“estamos indignados, porque sabemos que Manuel non vai volver\”
PRESENZA DA GARDA CIVIL
A actual traballadora da axencia do Banco Pastor, chegou acompañada da Garda Ciivl, a cal solicitou aos manifestantes que deixasen entrar á traballadora ao seu posto, o cal ocorreu sen ningún incidente. Aos poucos minutos a traballadora marchouse, pechando a oficina a cal permaneceu pechada todo o dia, cumprindose así o obxetivo dos manifestantes.
O BANCO DECLINO FACER MANIFESTACIÓNS
Postos a fala co responsable de prensa do Banco Popular, matriz da axencia de Baltar, comentou ao noso xornal que eles declinaban facer ningún comentario e crían que Manuel tampouco faría ningunha declaración.
Isto son cousas moi persoais entre o Banco e Manuel, aclarando que era un autónomo.
Nós (O banco) sabemos que estamos a lle entregar a nosa clientela á competencia, pero non faremos ningunha declaración.