Xinzo, á vangarda en establecementos culturais
23:04 19/12/16
23:04 19/12/16
Mañá a partir das 9:30 horas.
A rúa Curros Enriquez nº 3 foi o lugar escollido para que unha "intrépida" parella de limiaos abra un novo local dedicado á cultura.
"Espazo lector Nobel" é o nome do local onde a partir desta data poderemos atopar o último "best seller", un libro especializado ou o derradeiro conto infantil ilustrado en galego.
A inauguración oficial producirase a finais de semana coa presenza dun afamado escritor, tamén limiao, que estará asinando exemplares da súa última novela.
Con este establecemento franquiciado, Xinzo ponse á altura das cidades galegas nas que existen outros locais da mesma franquicia.