A poesía celanovesa "Sen límites"
Artistas plásticos reinterpretan os poemas dos grandes literatos da vila
REDACCIÓN
Poemas de Méndez Ferrín, Celso Emilio e Curros son o leitmotiv dunha carpeta de gravados elaborados por Xabier Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras. O traballo realizado por estes artistas plásticos parte da idea de límite que o arquitecto Nelson Bardón aplica aos seus proxectos, e será presentado mañá ás 19.30 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, ca presenza de representantes da Fundación Curros Enríquez.
O proxecto, que leva por nome Sen límites, é unha edición de 50 exemplares na que se reinterpretan, de xeito sutil, os poemas dos literatos celanoveses a través de diferentes linguaxes: o texto, o braille e a lingua de signos.