O Concello de Xinzo abre de novo a organización do Entroido á cidadanía

entroido
O Concello de Xinzo abre de novo a organización do Entroido á cidadanía

O venres é o día escollido polo Concello para comezar coa organización do Entroido 2017. Con tal fin convocouse unha xuntanza ás 20.30h no salón de plenos municipal.

A ela poden acudir todas aquelas persoas que o desexen a intención é que desa reunión salga a comisión que vai organizar o festexo.

A Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude segue apostando pola xente do pobo para por en marcha o Entroido. A edición de 2016 foi a primeira na que a organización do evento máis importante da vila recaeu en mans de cidadáns.