ÉXITO DA RECUPERADA SESION VERMOUT
Dende a primeira hora marcada a praza maior de Xinzo foise ateigando de xente nas terrazas das cafeterías para escoitar, despois de tantos anos unha sesión vermout. Neste caso a orquestra FOLIADA, foi a encargada de darlle animación a todos os que alí se atopaban.
Moitas foron as familias que enchían as terrazas entre as cales se encontraban a Fdz. Villariño, que votaban en falta ao seu fillo enxeñeiro en Stuttgart que según nos comentou, o primeiro que fai nada mais erguerse polas mañas é enterarse do que pasa na Limia, como non podía ser doutra maneira no DAL. Cousa que dende aquí agradecemos.
A quen non se viron pola praza Maior, foron os políticos e dirixentes, que según comentaba algunha das presentes, téñenlle certa animadversión a esta quedándose noutra a tomar o vermout. Loxicamente tamén vale. O que si e que como se pode ver nas instantáneas todos disfrutaron por esta rescatada SESION VERMOUT. Dende aquí a nosa noraboa a comisión de festas por esta decisión.