Xornada para olvidar no baloncesto limiano

Equipo Cadete Masculino
Xornada para olvidar no baloncesto limiano

So o cadete masculino e o benxamin masculino acadaron un resultado positivo

Nadar e nadar, e afogar na orilla foi o que lle pasou os equipos Eidoempresa A.B Xinzo senior masculino e alevín masculino A. Dous conxuntos que saborearon a victoria case todo o partido contra dous equipos superiores na clasificación, Aceites Abril na categoría senior e Maristas na alevín, e no momento decisivo afogaron na orilla.

O cuádruplo enfrontamento cos equipos Bosco foi favorable para o clube de Salesianos por 3-1. Perdemos co cadete feminino, infantil feminino e infantil masculino e ganamos co cadete masculino. Importante vitoria do equipo adestrado por David que deixa fora da loita polo título o Bosco e sitúa ao Cob como único rival polo campionato.

Tamén sumou unha nova derrota o alevín masculino B que como conxunto de nova formación tanto de xogadores como adestrador, Seguín; é normal este tipo de resultados.

Unha semana máis os equipos benxamíns conqueriron sendas vitorias, esta semana foi no pavillón do Otero Pedrayo de Ourense. O que sitúa o benxamín feminino como líder en solitario e que remata como invicto a primeira volta. E o masculino como o 3º clasificado da súa categoría.

RESULTADOS 1/02/15

SENIOR MASCULINO

EIDOEMPRESA A.B XINZO (50) - BCO ACEITES ABRIL (51)

CADETE FEMININO

EIDOEMPRESA A.B XINZO (29) - BOSCO (70)

CADETE MASCULINO

EIDOEMPRESA A.B XINZO (54) - BOSCO (31)

INFANTIL FEMININO

EIDOEMPRESA A.B XINZO (37) - BOSCO (78)

INFANTIL MASCULINO:

BOSCO (63) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (49)

ALEVÍN MASCULINO

MARISTAS (40) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (32)

EIDOEMPRESA A.B XINZO (10) - ALLARIZ (61)

BENXAMÍN FEMININO

PADRE FEIJOO (26) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (77)

BENXAMÍN MASCULINO

ABO (31) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (69)

* O equipo alevín feminino descansou